Catering para todo Galicia.

Catering para todo tipo de eventos

En Valenciaga facemos todo tipo de caterings, destacando no ámbito dos pinchos para todo tipo de celebracións, pasando por comidas campestres (tanto veciñais, de asociacións, de amigos como de familiares). Así como todo tipo de banquetes.

Ti dis onde… nós facemos o resto! O eslogan de grupo Valenciaga é o que mellor nos define. Só tés que elixir onde celebrar o teu evento, e nós faremos todo o demais: dende poñer carpas se fose necesario, ata mesas, sillas, manteis, ou todo o que fose preciso para que o cliente quede totalmente a gusto coa súa celebración.

Ademáis destacamos pola nosa brigada de camareros, todos eles especializados desde fai varios anos, e os cales imos a traballar a diversos restaurantes, caterings ou bares de toda a xeografía galega. Chegando algún de nós a servir a famosa voda da herdeira de Zara, a filla de Amancio Ortega, en Coruña.

Comidas campestres

Soen ser comidas de asociacións, amigos ou familias que celebran un día especial acompañadas de persoas queridas. Este tipo de caterings soen ser San Xoáns, cerre de tempadas en equipos de fútbol, festas patronais de algunha parroquia, etc. Onde os menús soen ser de uns entrantes, primeiros pratos, segundos, postre café e chupito. Nos menús destacan os nosos entrantes, a nosa xa coñecida croca, carne asada, callos, churrasco; así como a nosa famosa richada ou os máis elaborados peixes ou entrecots.

Ver as 15 imaxes

Banquetes

Cada vez está mais de moda celebrar un bautizo, unha comunión e incluso unha voda, en lugares fermosos e rurais, a carón dun río ou dun espazo atractivo. Por eso cada vez son máis os banquetes que celebramos, nos que non falta detalle. Os mellores aperitivos, os mellores mariscos, peixes e carnes. A prezos similiares aos de calquera restaurante, con comida de moita calidade e sempre na temperatura ideal. Incluso en Valenciaga temos a infraestructura precisa para que a propia celebración (a voda, por exemplo) se celebre ao aire libre no lugar do evento.

Ver as 27 imaxes

Pinchos

Os denominados pinchos é no ambito que máis destacamos, desde pinchos de graduacións para universidades, como para inaguracións, e sobre todo en vodas, onde o máis popular e facer os pinchos que os noivos ofrecen nas súas casas, antes de ir para a igrexa. Habitualmente, os comensais degustan de pé os numerosos aperitivos que lles preparamos. Desde pinchos tradicionais ata os máis modernos, fríos e quentes. Sempre a gusto do cliente! Soen ser celebracións chamadas popularmente “pinchos”, que realmente se lle denomina “viño español” no que se inclúe bebida e comida. Como xa dixemos no que Grupo Valenciaga destaca por enriba de calquera competidor da comarca. Con celebracións cada ano de máis de 2.000 persoas, xa que en Grupo Valenciaga temos unha infraestructura para eventos de máis de 4.000 persoas no mesmo día.

Ver as 25 imaxes

Pide orzamento sen compromiso